Sociedade de Agricultores de Gresande
Escola de Porreiros
O día dous de
novembro do ano 1922 e un día importante pra os veciños de Gresande e
Cristimil.
Patrocinada por a sociedad de Agricultores de Gresande e por Unión del
Partido de Lalín de Buenos Aires inaugurase en Gresande, a escola de Porreiros,
a primeira escola que impartía ensino primario, clases prácticas de
agricultura e na que tamén recibían clases nocturnas os rapaces maiores e os
adultos analfabetos.
E una
mostra da inquietude que tiñan os emigrantes en facilitar o acceso a educación
e a cultura a os centos de nenos e adultos que vivían nas aldeas de onde eles
procedían. Pensaban, según contan os de Gresande nunha carta de intencions que
mandan a sociedade de Bos Aires, construir un Centro Social-Escola que tivera o
derredor terreno dabondo pra que poidera servir de campo de experimentación,
onde o mestre pudera instruir os nenos no oficio de labregos e ademáis os
productos que lograran serían una axuda para vivir o mestre, servindo o mismo
tempo de recreo pros repaces.
Este centro educativo gratuíto e laico, inaugurouse co
nome de “Ramón González Vigide”, un dos fundadores da entidade promotora a
Sociedade de Agricultores de Gresande e militante destacado do movemento
agrarista na comarca do Deza.
Esta escola foi creada nunha vivenda particular en Porreiros, propiedade de
Manuel Dobarro, que se conocía como a casa de García ou do Trigueiro, que foi
habilitada como centro de ensino pola sociedade promotora.
O edificio tiña unha sola planta, de forma
rectangular, e estaba construído en cachotaría de pizarra irregular con cuberta
de tella do país, a dúas augas cunha bufarda. Ten unha estrutura moi sinxela,
sen mais elementos decorativos que os remarques dos vans da portada e da ventá,
na fachada principal, que son de cantaría.
Conta Xosé Manuel Malheiro en AS ESCOLAS DA EMIGRACION:
“O colectivo, impulsor da mellora da instrucción e das condicions de vida
estaba formado po lo sector mais crítico e concienciado da emigración que, en
contacto co novo destino acabou por convertirse nos denominados descontentos por comparación: emigrantes
receptivos que asimilaron o modelo democrático, laico e republicano da
sociedade de destino, e ao mesmo tempo, solidarios coa preceria situación dos
que permanecían no lugar de partida”.
Fachada, no 2.010, da antiga escola de Porreiros. Foto: Fondo gráfico do Arquivo da
Emigración Galega
Nas escolas, patrocinadas po la Unión del Partido de
Lalín en Buenos Aires, “Ramón González Vigide” en Gresande e “Manuel Curros
Enríquez” en Prado, seguíase o método argentino de Grados e intentouse aplicar
o pensamento ideolóxico e político dos seus socios, que loitaban contra o
caciquismo e pola modernización agrarista da comarca e que defendían que só a
través da educación do pobo, da infancia, lograríase a emancipación do
campesiñado e a construción dunha sociedade xusta e democrática. Isto aparece
reflectido tamén na carta de agradecemento que os veciños das parroquias de
Gresande e Cristimil mandan á sociedade de Bos Aires, na que podemos ler: «Agradecidos por la creación de la escuela
número 1 de Santiago de Gresande, y considerando el gran entusiasmo que
demuestran en poner fin a los analfabetos de esta comarca, único medio para
engrandecer nuestra patria y hacer a los hombres felices con la instrucción.
Pues, el hombre que no sabe leer ni escribir está destinado a representar toda
su vida, en medio de sus semejantes, el papel de un niño [...]. El nacer pobre
es considerado como una desgracia y el primer remedio para socorrerla es
instruirse, porque la persona que tiene un fondo de educación, se estima a si
mismo y le estiman más los que la conocen» (El Despertar Gallego,
Bos Aires, 6/07/1924, citado por X. M. Malheiro Gutiérrez [2005]: Os
lalinenses en América. Proxectos educativos e organización escolar).
No hay comentarios:
Publicar un comentario